CINEO 2015 (III Congreso Internacional de Neología en las Lenguas Románicas)
CINEO 2015
 

Inicio

Presentación

O III Congreso Internacional de Neoloxía nas Linguas Románicas celebrarase en Salamanca os días 22, 23 e 24 de outubro de 2015 co obxectivo claro de reunir investigadores, institucións e organismos públicos e privados interesados na neoloxía en canto fenómeno que dá conta da forza creativa das linguas, tanto se se considera a estas na súa calidade de entes autónomos, coma se se observan os condicionamentos que sofre o seu desenvolvemento por factores alleos á súa natureza lingüística.CINEO 2015 pretende abordar a neoloxía nun momento no que a hibridación e a mestizaxe das linguas é signo do noso tempo, un momento no que a revolución tecnolóxica que estamos a vivir ten uns eixes fundamentais nas linguas e no poder da información.

O entusiasmo polo traballo en neoloxía, froito do esforzo de colaboración que levan a cabo os distintos observatorios de neoloxía en cada unha das linguas románicas, e que se ve reflectido nas redes constituídas para a observación da neoloxía nunha lingua ou nun conxunto delas, tivo dous fitos decisivos: o congreso fundacional de CINEO celebrado en Barcelona (2008), e o segundo que tivo lugar en São Paulo (2011). É ese mesmo entusiasmo o que lanza este terceiro congreso, abranguedor, que quere incorporar zonas xeográficas que tiveron pouca representación nas anteriores convocatorias, e que incide nas liñas temáticas das edicións previas para tratar con maior profundidade algunhas delas, como as relacionadas coa neoloxía en situacións de asimetría lingüística, e, ao mesmo tempo, abrirse a novos temas impulsados pola realidade actual, como o da relación entre neoloxía, redes sociais e interacción dixital.

O mar catalán de Barcelona e o aire brasileiro de São Paulo únense agora coa terra castelá de Salamanca neste CINEO 2015 no que vos animamos a participar para compartir e aumentar o voso coñecemento sobre a neoloxía e os neoloxismos nas linguas románicas.

Joaquín García Palacios
(en nome do Comité organizador)

Linguas do congreso

As linguas oficiais do congreso son todas as linguas románicas.

Lugar de celebración

Hospedería del Colegio Fonseca
Universidad de Salamanca
c/ Fonseca 2. 37002 Salamanca (España)