En avión: a Madrid - a Valladolid - a Salamanca | En tren | En autobús | En coche
En avión
A Madrid
Aeroporto de Madrid-Barajas Adolfo Suárez (a uns 225 km ao leste-sueste de de Salamanca):
Traxecto a Salamanca:
- OPCIÓN 1: Autobús exprés (Avanzabús) que conecta a terminal 1 e a terminal 4 do aeroporto coa estación de autobuses de Salamanca.
- OPCIÓN 2: Taxi ou metro dende o aeroporto cara á Estación de autobuses Sur-Méndez Álvaro de Madrid (parada “Méndez Álvaro” na liña de metro circular nº 6, cor gris) ou cara á Estación de trens de Chamartín (parada “Chamartín” na liña de metro nº 10 -azul escuro- ou liña nº 1 -azul claro-). Despois:
En Salamanca: estación de autobuses e de trens (sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
A Valladolid
Aeroporto de Valladolid-Villanubla (a uns 120 Km ao nordés de Salamanca):
opera uns poucos voos a e dende Barcelona, as Illas Baleares e as Illas Canarias.
Traxecto a Salamanca:
- PASO 1: Autobús Aeroporto – Estación de Autobuses de Valladolid (situada a uns 500 metros da estación de trens).
- PASO 2: Valladolid-Salamanca:
En Salamanca: estación de autobuses e de trens (sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
A Salamanca
Aeroporto de Salamanca-Matacán (a 15 km da capital)
habitualmente só opera dous voos semanais (venres e domingo) dende e a Barcelona (Iberia).
Traxecto ao centro de Salamanca (20 minutos):
- Un autobús comunica o aeroporto, tras a aterraxe dos voos, coa estación de autobuses de Salamanca (ver sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
En tren
Trens directos de media distancia nacionais (Renfe):
- Salamanca-Ávila-Madrid
- Salamanca-Valladolid-Palencia
Trenhoteis nocturnos conectados con Portugal e Francia:
- Lusitania (Madrid-Lisboa)
- Surexpreso (Hendaya-Lisboa).
Ver: estación de trens de Salamanca (sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
En autobús
Salamanca encóntrase en numerosos traxectos nacionais e internacionais por autobús. Principais empresas:
- AVANZABÚS (principalmente cara a Madrid e o leste: ver rutas)
- ALSA (principalmente cara ao norte, o sur, e traxectos internacionais: ver rutas nacionais e internacionais).
Ver: estación de autobuses de Salamanca (sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
En coche
Calcular itinerario:
Ver: aparcadoiros en superficie e subterráneos (sección “Aloxarse e moverse en Salamanca“).
Unha vez en Salamanca, consúltense as seguintes seccións: Aloxarse e moverse en Salamanca“ e ”Cultura e turismo” .