Tipos de matrícula e cotas
Inscrición temperá (ata o 08/09/2015) | Inscrición ordinaria (ata o 19/10/2015) | |
---|---|---|
Asistentes con comunicación ou póster | 110 € | 150 € |
Oíntes | 100 € | 130 € |
Estudantes e licenciados/graduados no paro | 60 € | 80 € |
A cota de inscrición inclúe:
- Asistencia ás comunicacións e distintas sesións do congreso
- Material do congreso
- Visita guiada a instalacións da Universidade de Salamanca
- Certificado de asistencia e de presentación de comunicación.
Proceso de inscrición
A inscrición estará aberta dende o 15 de xuño de 2015 ata o 19 de outubro de 2015 (inscrición temperá, ata o 8 de setembro de 2015). Realízase en dous pasos:
1. Inscrición
Debe acceder ao formulario de inscrición a través do botón da columna da dereita, enriba das datas do calendario:
Unha vez aceptadas as condicións (dispoñibles en español, inglés e portugués) e achegado o enderezo electrónico que empregará a plataforma para enviar avisos, accédese ao formulario onde se deben introducir os nosos datos.
Ao enviar os datos xérase un aviso de correo e dáse paso á páxina onde se realiza o pagamento. Se aprecia algún erro nos datos persoais ou nos datos da factura, poderá actualizalos nesta páxina.
2. Pagamento da cota
Deberá aboar a cota de inscrición nos prazos arriba indicados.
Métodos de pagamento
1. Pagamento seguro con tarxeta de crédito (recomendado)
Pode optar polo pagamento seguro online con tarxeta (VISA ou MASTERCARD). Unha vez realizado o pagamento da inscrición ao congreso, recibirá en pantalla e tamén por correo electrónico unha confirmación que indica que o proceso de inscrición se completou con éxito.
2. Transferencia ou ingreso bancario
Pode optar polo pagamento mediante transferencia ou ingreso. Os gastos de emisión, comisións ou cargos bancarios derivados da transferencia deberán ser asumidos polo ordenante.
Os detalles da conta onde se debe facer o pagamento son.
Beneficiario: FUNDACIÓN GENERAL DE LA UNIVERSIDAD DE SALAMANCA
Entidade: BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO, Calle Zamora 6-12, 37002, SALAMANCA
Conta bancaria: 0049 -1843 -43 – 2410186765
Código SWIFT: BSCHESMM
Código IBAN: ES32 00491843432410186765
Concepto de pagamento: “CINEO 2015″ + nombre del ordenante
Unha vez realizada a transferencia ou ingreso, deberá remitir por correo electrónico (fgu@usal.es) unha copia do documento bancario que acredite a execución da operación, indicando o nome da persoa inscrita. Enviarase unha confirmación de que se completou con éxito o proceso de inscrición.
Para consultas sobre o proceso e o pagamento da inscrición: fgu@usal.es.
Para consultas sobre a organización do congreso CINEO 2015: cineo2015@usal.es.