Situada na rexión de Castela e León, Salamanca é ben coñecida pola súa Universidade (que celebrará o seu VIII centenario en 2018), a súa cultura (Capital Europea da Cultura en 2002), así como polo seu conxunto histórico e monumental, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988
Invitámolos a visitar este belo conxunto, con monumentos de estilo romano, gótico, plateresco (idade de ouro de Salamanca, no Renacemento), barroco (estilo da súa impresionante Plaza Mayor), neoclásico, modernista… Tampouco hai que esquecer a súa gastronomía castelá e os internacionalmente famosos embutidos ibéricos e outros alimentos de gran calidade producidos na súa provincia.
Actividades culturais
- Salamanca, cidade de cultura e saberes (Concello de Salamanca)
- Servizo de actividades culturais da Universidade de Salamanca
Turismo
- Cidade: Salamanca.es (Concello de Salamanca)
- Provincia: Salamancaemocion.es (Deputación de Salamanca)
A oficina de turismo encóntrase na Plaza Mayor nº 14-32. Consulte na súa web os horarios de apertura da oficina e dos monumentos e museos.
Vídeos


