Aloxamento | O congreso | Puntos de referencia | Estacións | Mobilidade
Aloxamento
Aínda que Salamanca ten unha boa capacidade hoteleira, octubro é un mes de congresos e convén reservar o hotel canto antes.
A organización de CINEO 2015 conseguiu unhas condicións vantaxosas para o aloxamento no Gran Hotel Corona Sol (rúa Víctor García de la Concha), a cinco minutos da Hospedería Fonseca, onde se celebra o congreso.
Para beneficiarse desas condicións (cuarto dobre: 60€; cuarto dobre uso individual: 52 €, IVE e almorzo buffet incluídos) é imprescindible reservar a través do correo electrónico recepcion@gran-hotelcoronasol.es ou do teléfono +34 923 28 16 16, e indicar a referencia CINEO 2015.
Tamén pode consultarse a lista de establecementos da Oficina de turismo de Salamanca.
O Congreso
EO Congreso celebrarase na Hospedería del Colegio Fonseca (rúa Fonseca, 2), situada a 5-10 minutos a pé da Facultade e da Plaza Mayor.
De cara á fachada principal do célebre Colegio Arzobispo Fonseca (un dos monumentos que non debería perderse), a Hospedería encóntrase a uns 100 metros cara a dereita.
Puntos de referencia
A Plaza Mayor é o centro xeográfico, turístico e vital da cidade de Salamanca.
Considérase Centro de Salamanca a área situada dentro do anel da antiga muralla do século XII. O devandito anel pódese ver doadamente nun mapa de Salamanca.
Outro punto de referencia é o Río Tormes, ao sur do anel central. A parte máis poboada e a Mayoría dos servizos e institucións encóntranse ao norte do río.
A Facultade de Traducción e Documentación (rúa Francisco de Vitoria, s/n) está situada a 5 minutos a pé da Plaza Mayor, xunto á Plaza de Anaya e as catedrais, camiñando cara ao sur pola rúa Rúa Mayor. Na súa segunda planta sitúase o Departamento de Traducción e Interpretación.
Detrás da Facultade, está o Patio de Escuelas, onde se pode visitar a fachada plateresca que dá acceso ao Edificio histórico da Universidade de Salamanca, que contén, entre outras xoias, a Biblioteca antiga.
Estacións
Autobuses
A estación de autobuses encóntrase a tan só 10 minutos a pé cara ao noroeste do lugar de celebración do Congreso.
O Gran Hotel Corona Sol (ver, arriba, o apartado de Aloxamento), encóntrase a só 5 minutos a pé.
Trens
A estación de trens-Vialia encóntrase no nordés de Salamanca, a uns 20 minutos a pé da Plaza Mayor.
Para chegar ao Gran Hotel Corona Sol (ver, arriba, o apartado de Aloxamento), pode coller a liña 11 de autobuses urbanos (frecuencia: 15-20 minutos) na beirarrúa de en fronte da estación de trens, e parar no Paseo de Carmelitas (sexta parada). Despois, debe camiñar uns 200 metros pola Avenida de Villamayor ata o hotel. En coche/taxi, o percorrido é de 5-10 minutos..
Mobilidade
A pé
Salamanca é unha cidade tranquila e acolledora, que se pode percorrer doadamente a pé.
O centro de Salamanca ten moitas zonas peonís, que se estenden dende a Plaza Mayor cara ao norte polas dúas rúas comerciais principais (rúa Zamora e rúa Toro) e cara ao sur pola Rúa Mayor (unha das principais rúas turísticas), continuando ata as catedrais, a Plaza de Anaya e algunhas rúas máis de arredor.
Autobuses urbanos
Salamanca dispón de 12 liñas de autobuses urbanos, cunha frecuencia de entre 10 e 20 minutos os días laborables, ademais de 2 liñas de autobuses nocturnos. Case todas teñen algunha parada no Centro, xa sexa xunto á Plaza Mayor (Plaza del Mercado), na Plaza del Poeta Iglesias (xunto á Rúa, en dirección sur), na Gran Vía, ou no Paseo San Vicente (preto do lugar de celebración do congreso)
Bicicletas
- Servizo de préstamo de bicis (SALenBICI): http://www.salamancasalenbici.com/
- Salamanca conta con máis de 23 quilómetros de carril bici, que xeralmente transcorren polo exterior do centro de Salamanca.
Taxis
- Existe unha soa compañía de taxis en Salamanca (Taxi-Salamanca), con numerosas paradas.
- Teléfono de reservas: +34 923 25 00 00.
Aparcadoiros
- Zona azul ou verde, en rúas do centro e preto do centro:
- Pagamento con moedas, tarxeta de crédito ou EYSAMobile (aplicación para dispositivos móbiles).
- De luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e sábados de 9:00 a 14:00 horas.
- Aparcadoiros subterráneos.
Consúltese a seguinte sección: Cultura e turismo en Salamanca.