Propostas de comunicación
Data límite para a presentación de propostas de comunicacións: 15/05/2015
Invítase a todas as persoas interesadas a presentar comunicacións no III Congreso Internacional de Neoloxía nas Linguas Románicas (CINEO 2015) sobre algún dos seguintes temas:
- Aspectos teóricos da neoloxía
- Metodoloxía do traballo en neoloxía
- Recoñecemento e clasificación dos neoloxismos
- Tratamento automático da neoloxía
- Gramática e neoloxía
- Políticas lingüísticas e neoloxía
- Estudos descritivos e contrastivos sobre a neoloxía nas diferentes linguas románicas
- Cuestións sociolingüísticas da neoloxía
- Aspectos cognitivos e comunicativos da neoloxía
- Neoloxía terminolóxica
- Neoloxía e tradución
- Linguas románicas en evolución: o neoloxismo en diacronía
- Neoloxía e creación literaria
- Neoloxía, redes sociais e interacción dixital
- Neoloxía e medios de comunicación
- Neoloxía e asimetría lingüística
Haberá tamén unha sesión de pósteres dedicada á presentación de proxectos e actividades neolóxicas.
Envío de resumos
Os resumos coas propostas de comunicación ou pósteres enviaranse á organización por vía electrónica a través do formulario de envío de resumos dispoñible na plataforma Easychair no seguinte enderezo:
https://easychair.org/conferences/?conf=cineo2015
Os resumos non poderán superar os 2500 caracteres (entre 300 e 350 palabras).
Os resumos poden presentarse en calquera lingua románica.
Todas as propostas de comunicación serán avaliadas de forma anónima por dous/tres membros do Comité científico.
Antes do 15/06/2015 comunicaranse os resultados da avaliación a aquelas persoas que figuren como autoras da comunicación. As que reciban unha avaliación positiva deberán formalizar a súa inscrición ao III Congreso Internacional de Neoloxía nas Linguas Románicas para poder presentala.
Presentación de comunicacións
As presentacións individuais durarán como máximo 20 minutos, e ao final das mesmas está previsto dispoñer de 10 minutos para establecer unha rolda aberta de preguntas e comentarios.
As comunicacións que sexan aceptadas como póster dispoñerán dun espazo para a súa exposición ao público e dun tempo de discusión para favorecer o diálogo entre autores e asistentes ao congreso.
Soporte técnico
Todas as salas da “Hospedería del Colegio Fonseca” da Universidade de Salamanca, onde terán lugar as distintas sesións do III Congreso Internacional de Neoloxía nas Linguas Románicas contan cun ordenador con PowerPoint instalado, un proxector e conexión a Internet. Se é necesario calquera outro equipo ou soporte técnico, débese enviar o antes posible un correo á organización (cineo2015@usal.es) no que se indiquen as devanditas necesidades técnicas.
Publicación de actas
Todas as comunicacións presentadas e que se reciban nos prazos que se anunciarán oportunamente serán publicadas nun volume colectivo en soporte electrónico co seu correspondente rexistro legal.
Por outro lado está prevista a publicación dun volume impreso que reúna os textos dos relatorios plenarios, das mesas redondas, e unha selección das comunicacións presentadas, elixidas polos membros do Comité científico.
Co fin de axilizar a publicación das actas, soamente se considerarán para a súa publicación aquelas comunicacións cuxa versión definitiva fose entregada en formato electrónico antes da celebración do congreso. A organización anunciará máis adiante as normas de estilo ás que deberá axustarse o texto definitivo.
15/05/2015: data límite para o envío de resumos
15/06/2015: notificación de aceptación ou rexeitamento das propostas de comunicación